SIXA en distintos dispositivos

Múltiples funciona­lidades nun caderno de clase virtual

SIXA Xestión Académica facilita o traballo diario do profesorado, a dirección e a administración do centro, ofrecendo, entre moitas outras funcionalidades un completo caderno de clase virtual para o profesorado, automatizando o envío de información entre os membros da comunidade educativa e a comunicación coas familias a través de diversos medios.

Principais funciona­lidades

SIXA en iphone

Para o profesorado

  • Completo caderno de clase virtual.
  • Petición e envío de informes ao titor e á familia.
  • Xestión das cualificacións, tanto de grupo (exames e controis) como individuais (notas da clase).
  • Anotación de observacións privadas sobre un estudante.
  • Xestión das faltas de asistencia e xustificación das mesmas para o alumnado tutelado.
  • Introdución das faltas de conduta.
  • Aviso de activación do protocolo de absentismo para un estudante concreto.
  • Elaboración dos informes da avaliación final.
  • Consulta da información de cursos anteriores (faltas, notas, informes).
  • Seguimento da programación docente.
  • Axenda persoal de actividades.
  • App móbil dispoñible para Android e iOS.

Para a dirección e administración

  • Xeración de actas de avaliación e boletíns de notas.
  • Elaboración de diferentes estatísticas (faltas por grupo, por tipo de falta etc.).
  • Xeración de orlas e de carnés de estudante, permitindo a introdución das fotos do alumnado no sistema.
  • Xestión da axenda do centro e do calendario de días lectivos, avaliacións e eventos.
  • Configuración xeral do sistema: Información do centro para personalizar os informes (Logotipo, Nome etc.).
  • Xestión das faltas de conduta graves.
  • Xestión de acceso a funcionalidades para o profesorado en función do seu perfil (directivo, profesor, titor etc.).
  • Xestión da comunicación ás familias. A dirección sempre controlará que información pode recibir a familia.
  • Envío masivo de correos electrónicos ou SMS automatizados, ou manuais ás familias.
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.