SIXA en distintos dispositivos

A forma máis sinxela de xestionar o día a día dun centro educativo.

SIXA é un conxunto de solucións que dan soporte a todos os procesos relacionados coa actividade diaria dun centro educativo: xestión académica, facturación, xestión bibliotecaria e comunicación.

Solicita un tour guiado
AENOR ISO25000

SIXA é o único produto de xestión educativa con certificado de calidade ISO25000, outorgado por AENOR.

Características y ventajas

Que che ofrece SIXA.

Rápido e accesible

SIXA é un sistema na nube, co que simplemente accedendo a través dun navegador web tense acceso a todas as funcionalidades do sistema. Ademais, para facilitar o día a día do profesorado, SIXA compleméntase cunha aplicación móbil para dispositivos IOS e Android.

Seguro e fiable

SIXA é o único produto de xestión educativa con certificado de calidade de software ISO25000 en adecuación funcional. Ademais, a nosa empresa conta cun sistema de xestión da información certificado baixo o estándar internacional ISO27001, o que garante a seguridade da información.

Flexible e adaptable

SIXA é un sistema modular e adáptase ás características de cada centro, non é necesario contratar todo o sistema, cada centro pode contratar os módulos nos que estea interesado. Ademais, a arquitectura coa que está construído, permítelle integrarse con calquera outro sistema que utilice o centro.

Características

  • 1 Un sistema moi intuitivo pensado en facilitar o día a día do profesorado, da administración e da dirección.
  • 2 Unha solución modular e adaptable ás necesidades de cada tipo e tamaño de centro.
  • 3 Facilita a comunicación entre toda a comunidade educativa: entre docentes, titores e dirección, e coas familias.
  • 4 Orientado a todo tipo de centros educativos (públicos, privados e concertados).
  • 5 Complementario aos sistemas de todas as Comunidades Autónomas.
  • 6 Una ferramenta na nube, sen Software, sen Hardware, sempre accesible e actualizada.

Módulos complementarios ao principal

Completa a túa solución

SIXA é un produto modular, a base do sistema é o módulo de Xestión Académica, xa que entendemos que é o proceso principal dun centro educativo, o resto dos módulos son complementarios e opcionais.

SIXA Xestión académica

Xestión Académica

Facilita o traballo diario do profesorado, a dirección e administración do centro, ofrecendo, entre outras muitas funcionalidades, un completo caderno de clase virtual para os docentes, automatizando o envío de información entre os membros da comunidade educativa e a comunicación coas familias a través de diversos medios.

Descobre máis
SIXA Familias

Familias

Para a comunicación de datos instantánea aos familiares do alumnado: notas, faltas e informes que están dispoñibles no instante de introducilos no sistema. Tamén, comunicación directa entre familiares e titores.

Descobre máis
SIXA Facturación

Facturación

Xestión sinxela e rápida dos recibos do centro. Pódense asignar conceptos personalizados a estudantes, emitir remesas de recibos e controlar o seu cobro.

Descobre máis
SIXA Transporte

Transporte

Para a xestión das liñas de transporte, configurando liñas e asignando los estudantes ás mesmas usando xeolocalización de paradas e domicilios.

Descobre máis
SIXA Biblioteca

Biblioteca

Xestión integral da biblioteca do centro, permitindo levar o inventario dos libros e xestionar os préstamos. O alumnado poderá buscar no catálogo en liña da biblioteca.

Descobre máis
SIXA Web centro

Web centro

Un espazo público para dar a coñecer o centro e a súa actividade diaria a todas as partes interesadas. Pódense publicar novidades e actividades do centro así como recursos educativos, documentación, circulares etc.

Descobre máis
+11500
estudantes
+1500
docentes
95
centros
13
anos en funcionamiento

Testemuños

Pablo González

Director do IES Puga Ramon

Os titores poden comunicarse dunha xeito sinxelo e áxil cos pais.

Eugenio Grande

Director do IES Laxeiro

O profesorado e titores poden enviar e solicitar informes dunha forma moi intuitiva.

Descobre as nosas garantías
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.