SIXA Facturación
SIXA Facturación soporta a emisión, impresión e control dos recibos do centro e dos conceptos asociados a cada estudante, así como a xeración automatizada de ficheiros de remesas domiciliadas para o banco. Tamén, facilita o control diario do estado de caixa do centro.
Principais funcionalidades
- Definición de conceptos facturables e, no seu caso, agrupación en categorías.
- Asignación de conceptos ao alumnado e/ou grupos de alumnado.
- Establecemento de importes por concepto coa posibilidade de personalización por estudante.
- Xeración de recibos en formato electrónico ou para a súa impresión.
- Seguimento da evolución dos recibos (pendente, cobrado, parcialmente cobrado).
- Xeración de remesas bancarias para recibos domiciliados.
- Control de caixa do centro nun formato sinxelo, rexistrando movementos de entrada e saída.
- Integración de pagos de recibos con movementos de entrada e saída de caixas.
- Impresión de partes diarios de caixa.