SIXA Familias
SIXA Familias permite a consulta da información relevante do alumnado aos familiares: notas, faltas e informes, estarán dispoñibles no instante de introducilos no sistema. Tamén incorpora unha canle de comunicación directa entre familiares e titores. Todo accesible dende a web ou dende as apps nativas para Android e iOS.
Principais funcionalidades
- Consulta de cualificación divididas por avaliación.
- Consulta de faltas de conduta e asistencia.
- Informes do profesorado e titores con destino ás familias.
- Envío de comunicacións do titor á familia, e viceversa.
- Horario do estudante.
- Configuración da información que poden ver as nais e os pais. En todo momento, podería anularse o envío de información dalgunha das seccións (cualificacións, faltas, informes).