SIXA Web Centro

SIXA Web Centro é unha aplicación web que permite a confección e xestión dun portal web do centro educativo. Un espazo público para dar a coñecer o centro e a súa actividade diaria a todas as partes interesadas. Pódense publicar novidades e actividades do centro así como recursos educativos, documentación, circulares etc.

Principais funciona­lidades

  • Creación, edición e publicación de todos os elementos que poden aparecer nun portal web: páxinas estáticas, actividades, noticias, galerías de fotos, ligazóns, etcétera.
  • Creación de contidos mediante editores WYSIWYG, que permiten a edición de texto enriquecido, con formato, imaxes, ligazóns ou táboas, e incluso permitindo a edición directa de HTML.
  • Definición de seccións dentro da web. O centro poderá crear seccións especiais como para a Asociación de Nais e Pais, Antigo Alumnado, Actividades Extraescolares, etcétera.
  • Cada sección poderá ter os seus elementos: páxinas estáticas, actividades, galerías de fotos ou vínculos, e organizaranse mediante menús cuxa estrutura tamén poderá ser definida desde SIXA Web Centro.
  • Imaxe personalizada: SIXA Web Centro está desenvolvida de tal xeito que permite a adaptación completa do aspecto visual da web ao deseño que o centro defina, podendo realizarse un deseño á medida no momento da implantación da web ou en calquera outro momento posterior.
Esta web emprega cookies. Se continúas navegando entendemos que aceptas a nosa Política de cookies.